Friday 17 de May de 2024

Viaxes e rutas xacobeas


Dende Turismo da Pobra do Caramiñal informan das viaxes xacobeas en veleiro que teñen programadas:

O 19 de marzo comezámo-las rutas en veleiro para navegar parte da ruta xacobea marítimo-fluvial do mar da Arousa e río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Íria Flavia.

Unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso pola ría da Arousa verase a costa de: Boiro, Rianxo, a illa de Arousa, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Praias, calas, cabos, enseadas, pontes e parte dos cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo.

E haberá máis viaxes: o 28 e 29 de marzo; No mes de abril: 4 e 5, na Semana Santa dende o xoves ó domingo, 9, 10, 11, e 12; E as fins de semana, 18 e 19, 25 e 26.

Travesía guiada de 6 horas, pararase en Vilagarcía para comer. Sairase as 11.00 h do porto náutico da Pobra e regresarase sobre as 18.00 h.

O lugar de venda dos tíckets será no punto de información turística situado de momento no Museo Valle-Inclán, de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.

Ofrecemos información na páxina web www.apobra.gal, poden escribirnos a turismo@apobra.gal ou chamarnos ó 671 090 262.

É un proxecto cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. A cal promove e organiza a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal antipandonos ó Xacobeo 2021.

Asemade, continuamos cas rutas teatralizadas o 15 e 19 de marzo para coñecer a orixe xacobea da vila, da man do experimentado, Serafin Marcos. A ruta é gratuita. E o punto de encontro é ás 12.30 h nos xardíns Valle-Inclán.